martes, 5 de noviembre de 2013


Tal vez non miremos máis ala
tal vez non o saibamos ninguén
tal vez non ollemos iso xamais
pero só existe unha así.

Unha cousa única
que poucos poden gozar
unha cousa que te fai único
e da que me encanta gozar

É máxica, é ledicia,
é historia, é futuro,
sempre a sentirei
e sempre a falarei.



viernes, 17 de mayo de 2013

Días de cotián


Un río que chega ó seu fin
deixando o seu son atrás.

Un atardecer tras ó mar
cas últimas luces do día.

Unha mirada atrás
cando xa non hai ninguén.

Unha noite sobre os ombros
ca última estrela no ceo.



miércoles, 20 de febrero de 2013

Camiños


Os camiños curtos
fanse longos,

os camiños longos
fanse curtos,

pero sen ti
non quero camiñar.



martes, 11 de septiembre de 2012

Sen tempo


Derrúbanse ilusións,
derrúbanse fortalezas,
derrúbanse futuros,
derrúbase o meigallo dos teus ollos,
derrúbase o sorriso co que soñei,
pero hoxe levantarémonos
para amosar que o amor
non se pode derrubar.



miércoles, 5 de septiembre de 2012

Días grises

Hoxe non sabes que fas aquí,
moreas de xente pasando o teu carón,
pero non sabes se lle late o corazón

tampouco esperas ningunha resposta.

Algún levanta a mirada do chan
case se cruzan as miradas,
pero miramos cara outro lado
como se os ollos queimasen.

Todos vestidos cos seus traxes negros
xa non saben o que é un sorriso,
caras longas e cabezas agachadas,
non saben nin o que os fai andar.

Escoita!! un rapaz xogando,
Mírao!! aínda sabe sorrir,
Escoita!! as súas carcaxadas,
Mírao!! bríllalle a mirada.

Aínda hai mundo,
aínda quero vivir.

Aínda hai motivos…
polos que vivir,
polos que soñar.


 

miércoles, 27 de junio de 2012

Alén do ceo

Un son,
un rumor,
un grito,
que se eleva
ó infinito.

Unha voz,
a túa voz,
o que vale…
non é máis
que o que ti vales.

Levántate e berra
máis alá das montañas,
alza a túa voz
máis alá das estrelas.

Que te escoiten
ata chegar ó infinito,
que te escoiten
ata no ceo azul.

Porque túa voz
é un sentimento,
porque túa voz
levantará o mundo.



jueves, 21 de junio de 2012

Loita


Aquilo que tes dentro
que non te deixa vivir,
sufrimento nas entrañas
que te fai desvivir.

Dóeche e sofres
porque non quere saír,
unha larga sombra
da que queres fuxir.

Loita…
por todo o que te fai seguir,
polo que te fai vivir.

Loita…
porque ti tamén mereces vivir.




miércoles, 16 de mayo de 2012

O noso día


Mañá e o noso día, o día de todos os galegos. Este ano cun pouco de polémica por dedicárselle tal día a Valentín Paz Andrade, unha persoa moi comprometida ca nosa terra pero que no referente a nosa lingua quizá non o sexa tanto. Pódese discutir se é acertada esta decisión ou non, pero o importante é que mañá sintámonos como os grandes afortunados que somos por vivir nesta terra e por ter unha lingua tan fermosa, da que por tempos pasado moitas veces sentímonos cohibidos, pero xa é hora de que demos un paso adiante, xa estamos no século XXI, e agora o que debemos é presumir de todo o que nos rodea.