martes, 17 de enero de 2012

O voo da bolboreta

Un raio de luz
colase entre as nubes
unha bolboreta voa
sobre un manto de flores.

Dende a maña
nace cunha ilusión
abre os ollos
ilumina o corazón.

Unha vida longa
ou unha vida curta
que espremer
e que vivir.

Todas as noites soña
cun mundo mellor
sen poder durmir
por tanto tremor.

Súa curta vida
chegara o seu fin,
un día sen máis
apagarase o candil.

Esperta bolboreta
voa sobre o teu mundo
un mundo de cor
o teu soño de mundo.