martes, 11 de septiembre de 2012

Sen tempo


Derrúbanse ilusións,
derrúbanse fortalezas,
derrúbanse futuros,
derrúbase o meigallo dos teus ollos,
derrúbase o sorriso co que soñei,
pero hoxe levantarémonos
para amosar que o amor
non se pode derrubar.



miércoles, 5 de septiembre de 2012

Días grises

Hoxe non sabes que fas aquí,
moreas de xente pasando o teu carón,
pero non sabes se lle late o corazón

tampouco esperas ningunha resposta.

Algún levanta a mirada do chan
case se cruzan as miradas,
pero miramos cara outro lado
como se os ollos queimasen.

Todos vestidos cos seus traxes negros
xa non saben o que é un sorriso,
caras longas e cabezas agachadas,
non saben nin o que os fai andar.

Escoita!! un rapaz xogando,
Mírao!! aínda sabe sorrir,
Escoita!! as súas carcaxadas,
Mírao!! bríllalle a mirada.

Aínda hai mundo,
aínda quero vivir.

Aínda hai motivos…
polos que vivir,
polos que soñar.


 

miércoles, 27 de junio de 2012

Alén do ceo

Un son,
un rumor,
un grito,
que se eleva
ó infinito.

Unha voz,
a túa voz,
o que vale…
non é máis
que o que ti vales.

Levántate e berra
máis alá das montañas,
alza a túa voz
máis alá das estrelas.

Que te escoiten
ata chegar ó infinito,
que te escoiten
ata no ceo azul.

Porque túa voz
é un sentimento,
porque túa voz
levantará o mundo.



jueves, 21 de junio de 2012

Loita


Aquilo que tes dentro
que non te deixa vivir,
sufrimento nas entrañas
que te fai desvivir.

Dóeche e sofres
porque non quere saír,
unha larga sombra
da que queres fuxir.

Loita…
por todo o que te fai seguir,
polo que te fai vivir.

Loita…
porque ti tamén mereces vivir.




miércoles, 16 de mayo de 2012

O noso día


Mañá e o noso día, o día de todos os galegos. Este ano cun pouco de polémica por dedicárselle tal día a Valentín Paz Andrade, unha persoa moi comprometida ca nosa terra pero que no referente a nosa lingua quizá non o sexa tanto. Pódese discutir se é acertada esta decisión ou non, pero o importante é que mañá sintámonos como os grandes afortunados que somos por vivir nesta terra e por ter unha lingua tan fermosa, da que por tempos pasado moitas veces sentímonos cohibidos, pero xa é hora de que demos un paso adiante, xa estamos no século XXI, e agora o que debemos é presumir de todo o que nos rodea.



martes, 8 de mayo de 2012

Portas ó mar

Un pequeno raio de luz
pintando de dourado
Unha pequena brisa
remexe toda a costa
Un pequeno son do mar
escoitase dende acola.

Un pequeno raio de luz
brillando na mirada
Unha pequena brisa
acariñando as meixelas
Un pequeno son do mar
entra ata o corazón

Deixa esa porta aberta
teño que votar outra ollada
Deixa esa porta aberta
de sensacións mesturadas
Deixa esa porta aberta
porque senón non son nada.


miércoles, 2 de mayo de 2012

13 de maio

Quería escribir algo sobre mis queridos Maios pero este año tendré que cambiarlo por intentar animaros a participar el próximo domingo 13 de mayo en la III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro, ya que la catástrofe está cada día más cerca y todos deberíamos luchar aunque fuera un poquito en proteger lo que queremos e impedir los intereses de más especuladores. Por eso, os invito a que vengáis y descubráis todos los rinconcitos de esta hermosa sierra.

Además, habrá lecturas de poemas (incluido nuestro gran Pepe Caccámo) y actuaciones (incluido Leo e Arremecághona, showman gallego inconfundible que no os dejara indiferente), pero vamos un día para disfrutar en la compañía de todos vosotros. No olvidéis llevaros vuestra propia comida para una vez rematada la ruta recobrar fuerzas y empezar la fiesta, y por supuesto, llevar calzado en condiciones. Tenéis toda la información en la página http://serradogalinheiro.wordpress.com




martes, 24 de abril de 2012

Escintila

Ilumíname un sorriso
agochado na túa cara,
Ilumíname unha mirada
de diamantes entallada.

miércoles, 18 de abril de 2012

Catro paredes

Pechado entre catro paredes
sen ningunha forma de fuxir,
berrar non sirve de nada
porque ninguén me vai a sentir.


miércoles, 11 de abril de 2012

Castes

Caste de cores
de soños e ilusión,
vermellas ou violáceas
amarelas ou douradas

Castes de aromas
de recordos e imaxinación,
florais ou frutais
especiados ou terrosos.

Castes de sabres
de momentos e emocións
ácidos ou amargos
doces ou agros.

Castes de traballo
De esforzo e sacrificio

Castes de alegría
de vivezas e armonía

Pero o fin é o cabo
castes, castes, castes…


miércoles, 28 de marzo de 2012

Silencio

O silencio
xa non é tranquilidade,

o silencio
non me deixa durmir,

o silencio
perségueme a todas partes,

o silencio
fúmame a mente,

o silencio
rebéntame os nervios,

o silencio
é o meu inferno,

o silencio
que me vai matar,

o silencio
é un grito na miña seseira.


lunes, 12 de marzo de 2012

Pequenas estacións

Cando o verde
convertese en branco,
como o pasto
cas xeadas.

Cando o azul
convertese en escuridade,
como cada noite
de primavera.

Cando o celeste
convertese en amarelo,
como outra tarde
de verán.

Cando o verde
convertese en laranxa,
como as arbores
cada outono.

Como unha luz
que brilla no horizonte,
cando eu sinto
que ti estas aí.


jueves, 9 de febrero de 2012

Vieiras do mar

Este mes tengo la suerte de volver a publicar en Digital Photo Magazine, y esta es una de las dos fotos mías que allí podéis ver. La ilusión de poder publicar en una revista tan importante y de tirada internacional no es mayor que la primera vez, pero desde luego no es menos, ya que es algo que hace un par de años ni podría imaginar que fuera a ocurrir. Hoy no os cuento nada más, solo espero que os guste y poder dar a conocer a la gente un cachito de nuestra tierra.


martes, 17 de enero de 2012

O voo da bolboreta

Un raio de luz
colase entre as nubes
unha bolboreta voa
sobre un manto de flores.

Dende a maña
nace cunha ilusión
abre os ollos
ilumina o corazón.

Unha vida longa
ou unha vida curta
que espremer
e que vivir.

Todas as noites soña
cun mundo mellor
sen poder durmir
por tanto tremor.

Súa curta vida
chegara o seu fin,
un día sen máis
apagarase o candil.

Esperta bolboreta
voa sobre o teu mundo
un mundo de cor
o teu soño de mundo.