miércoles, 28 de marzo de 2012

Silencio

O silencio
xa non é tranquilidade,

o silencio
non me deixa durmir,

o silencio
perségueme a todas partes,

o silencio
fúmame a mente,

o silencio
rebéntame os nervios,

o silencio
é o meu inferno,

o silencio
que me vai matar,

o silencio
é un grito na miña seseira.


lunes, 12 de marzo de 2012

Pequenas estacións

Cando o verde
convertese en branco,
como o pasto
cas xeadas.

Cando o azul
convertese en escuridade,
como cada noite
de primavera.

Cando o celeste
convertese en amarelo,
como outra tarde
de verán.

Cando o verde
convertese en laranxa,
como as arbores
cada outono.

Como unha luz
que brilla no horizonte,
cando eu sinto
que ti estas aí.