martes, 11 de septiembre de 2012

Sen tempo


Derrúbanse ilusións,
derrúbanse fortalezas,
derrúbanse futuros,
derrúbase o meigallo dos teus ollos,
derrúbase o sorriso co que soñei,
pero hoxe levantarémonos
para amosar que o amor
non se pode derrubar.



miércoles, 5 de septiembre de 2012

Días grises

Hoxe non sabes que fas aquí,
moreas de xente pasando o teu carón,
pero non sabes se lle late o corazón

tampouco esperas ningunha resposta.

Algún levanta a mirada do chan
case se cruzan as miradas,
pero miramos cara outro lado
como se os ollos queimasen.

Todos vestidos cos seus traxes negros
xa non saben o que é un sorriso,
caras longas e cabezas agachadas,
non saben nin o que os fai andar.

Escoita!! un rapaz xogando,
Mírao!! aínda sabe sorrir,
Escoita!! as súas carcaxadas,
Mírao!! bríllalle a mirada.

Aínda hai mundo,
aínda quero vivir.

Aínda hai motivos…
polos que vivir,
polos que soñar.